Categorías
Gasiluz Mobilidade Sostenibilidade

As cousas claras

Espero que non haxa sorpresas.

Non te debes de preocupar; pero ten en conta que aínda che chegará unha factura da comercializadora anterior, dende o último día facturado ata o día do cambio a Gasiluz.

Unha vez en Gasiluz verás a túa factura reducida e cos conceptos claros tal como acordamos.

No sei, as facturas de luz son incomprensibles

Non creas, só hai que ter claros os conceptos facturados. Imos tentar explicalo.

Mira, todas as facturas constan de 5 conceptos que pasamos a detallar:

1- Termo de potencia: prezo que pola potencia contratada. Factúrase en euros/Kilovatio día (€/ Kw día). É un concepto fixo que se abona en todas as facturas, tiveramos ou non consumo.

2- Termo de enerxía: prezo por Kilovatio hora ( kWh) consumido. Factúrase en euros/Kilovatio (€/ Kw). É un concepto variable segundo o consumo realizado.

3- Imposto sobre a electricidade (IEE): regulado polo Goberno. Grava un 5,113% sobre a suma dos termos de potencia e enerxía.

4- Alugueiro do equipo: a maioría de usuarios non temos un contador propio polo que pagaremos un prezo polo seu alugueiro á distribuidora. Factúrase en euros/día (€/día). O prezo vén regulado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ( MITECO). – 0,026667 €/día

 5- Imposto sobre o valor engadido (IVE): En España grávase o total da factura cun 21%.

Uhmm… Moi ben; pero… ¿e cun exemplo?

OK. Partamos deste suposto para 30 días de facturación:

Potencia contratada: 4,6 kW  – Térmo de potencia: 0,120667 €/kW día:

4,5 Kw x 0,120667 € x 30 días = 16,29 €

Consumo mensual: 180 kWh – Térmo de enerxía: 0,13280 €/kWh:

180 Kw x 0,13280 € = 23,90 €

Imposto eléctrico (IEE):

0,05113 x (16,29 € + 23,90 €) = 2,05 €

Alugueiro do contador:

0,026667 €/día x 30 días = 0,80 €

Imposto sobre o valor engadido (IVA):

0,21 x (16,29 € + 23,9 € + 2,05 € + 0,80 €) = 9,03 €

A nosa factura sería entón:

16,29 € + 23,9 € + 2,05 € + 0,80 € + 9,03 € = 52,07 €

Visto así, non semella complicado

Con Gasiluz, ademais, terás unha factura clara e lexible onde poderás identificar os conceptos relacionados anteriormente.

Algunhas compañías poden engadir outros importes que denominan de diferentes maneiras (gasto de xestión, custo operativo, servizo, cota comercializadora, mantemento…). Isto non é máis que un incremento no prezo da factura ao que tamén se lle aplicará o IVE/IVE correspondente.

Nada diso verás en Gasiluz.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *