Gasiluzeco

AVISO LEGAL

O presente aviso legal (en diante, o “Aviso Legal”) regula o uso do servizo do portal da internet www.gasiluzeco.com (en diante, o “Web”) de Gasiluz Eco Enercia, S.L., con domicilio social en R/ Alcalde Electo Carballo nº46 baixo esq., 15174-Culleredo, con CIF B-70609136.

Lexislación

Con carácter xeral, as relacións entre Gasiluz Eco Enercia, S.L. cos usuarios dos seus servizos telemáticos, presentes na web, atópanse sometidas á lexislación e xurisdición españolas.

As partes renuncian expresamente ao foro que lles puidese corresponder e someten expresamente aos Xulgados e Tribunais da Coruña para resolveren calquera controversia que poida xurdir na interpretación ou execución das presentes condicións contractuais.

Contido e uso

O Usuario queda informado, e acepta, que o acceso á presente páxina web non supón, de ningún xeito, o inicio dunha relación comercial con Gasiluz Eco Enercia, S.L.

O titular do Web non se identifica coas opinións inseridas no mesmo polos seus colaboradores. A Empresa resérvase o dereito de efectuar sen aviso previo as modificacións que considere oportunas na súa web, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se prestaren a través da mesma, como a forma en que estes apareceren presentados ou localizados nos seus servidores.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual do contido da páxina web, o seu deseño gráfico e códigos son titularidade de Gasiluz Eco Enercia, S.L. Por conseguinte, queda prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade que se puider realizar cos contidos das súas páxinas web, nin aínda citando as fontes, agás tendo un consentimento por escrito de Gasiluz Eco Enercia, S.L. Todos os nomes comerciais, marcas ou signos distintos de calquera clase contidos na páxina web da Empresa son propiedade dos seus donos e están protexidos por lei.

Sitios enlazados

A presenza de ligazóns (links) na páxina web de Gasiluz Eco Enercia, S.L. ten unha finalidade meramente informativa. En ningún caso supón unha suxestión, invitación ou recomendación sobre as mesmas.

Confidencialidade e Protección de Datos

De conformidade co establecido no RGPD do 27 de abril de 2016, Gasiluz Eco Enercia, S.L. informa ao Usuario da existencia dun tratamento automatizado de datos de carácter persoal creado por e para Gasiluz Eco Enercia, S.L., que queda baixo a súa responsabilidade, e ten como finalidade realizar o mantemento e xestión da relación co Usuario, así como os labores de información. No momento da aceptación das presentes condicións xerais, Gasiluz Eco Enercia, S.L. precisará do Usuario a recollida duns datos imprescindibles para a prestación dos seus servizos.

Rexistro de ficheiros e formularios

Cubrir o formulario de rexistro é obrigatorio para acceder e gozar de determinados servizos ofrecidos no Web. Non facilitar os datos personais solicitados ou non aceptar a presente política de protección de datos supón a imposibilidade de subscribirse, rexistrarse ou participar en calquera das promocións en que se solicitaren datos de  carácter persoal. 

De conformidade co establecido no RGPD do 27 de abril de 2016, informámolo de que os datos persoais que se obteñan como consecuencia do seu rexistro como Usuario, serán incorporados a un ficheiro titularidade de Gasiluz Eco Enercia, S.L., con domicilio social en R/ Alcalde Electo Carballo nº46, baixo esq., 15172-Culleredo, con CIF B-70609136, que ten implementadas as medidas de seguridade establecidas no Real Decreto 1720/2007, do 11 de xuño.

Exactitude e veracidade dos datos facilitados

O Usuario é o único responsable da veracidade e corrección dos datos incluídos, eximíndose Gasiluz Eco Enercia, S.L. de calquera responsabilidade ao respecto. Os usuarios garantizan e responden, en calquera caso, da exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados, e comprométense a mantelos debidamente actualizados. O Usuario acepta proporcionar información completa e correcta no formulario de rexistro ou subscrición. Gasiluz Eco Enercia, S.L. non responde da veracidade das informacións que non sexan de elaboración propia e das que se indique outra fonte, polo que tampoco asume ningunha responsabilidade en canto a hipotéticos prexuízos que puideren orixinarse polo uso de dita información. Gasiluz Eco Enercia, S.L. resérvase o dereito a actualizar, modificar ou eliminar a información contida na súa páxina web podendo, inclusive, limitar ou nou permitir o acceso a dita información. Exímese a Gasiluz Eco Enercia, S.L. de responsabilidade ante calquera dano ou prexuízo que puider sufrir o Usuario como consecuencia de erros, defectos ou omisións na información facilitada por Gasiluz Eco Enercia, S.L., sempre que proceda de fontes alleas a Gasiluz Eco Enercia, S.L.

Cookies

O sitio www.gasiluzeco.com non utiliza cookies, considerando tales ficheiros físicos de información aloxados no propio terminal do usuario e serven para facilitar a navegación do usuario polo portal. De todos os xeitos, o usuario ten a posibilidade de configurar o navegador de tal modo que impida a instalación destes arquivos.

Finalidades

As finalidades de Gasiluz Eco Enercia, S.L. son o mantemento e a xestión da relación co Usuario, así como os labores de información.

Menores de idade

No suposto de que algúns dos nosos servizos vaian dirixidos especificamente a menores de idade, Gasiluz Eco Enercia, S.L. solicitará a conformidade dos pais ou titores para a recollida dos datos persoais ou, no seu caso, para o tratamento automatizado dos datos.

Cesión de datos a terceiros

Gasiluz Eco Enercia, S.L. non realizará cesión de datos dos usuarios a terceiros.

Exercicio de dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Poderá dirixir as súas comunicacións e exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidade e oposición na páxina web co enderezo URL www.gasiluzeco.com ou ben por correo ordinario dirixido a: Gasiluz Eco Enercia, S.L., Ref. RGPD, en R/ Alcalde Electo Carballo nº46, baixo esq., 15172-Culleredo. Para exercer ditos dereitos é necesario que vostede acredite a súa identidade a Gasiluz Eco Enercia, S.L. mediante o envío dunha fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou cualquera outro medio válido en Dereito. Porén, a modificación ou rectificación dos seus datos de rexistro poderase realizar no propio site identificándose, previamente, co seu usuario e contrasinal.

Medidas de seguridade

Gasiluz Eco Enercia, S.L. adoptou os niveis de seguridade de protección dos datos persoais legalmente requeridos, e procura instalar aqueles outros medios e medidas técnicas adicionais ao seu alcance para evitar a pérdida, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos persoais facilitados. Gasiluz Eco Enercia, S.L. non será responsable de posibles danos ou prexuízos que se puideren derivar de interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, avarías telefónicas ou desconexións no funcionamento operativo deste sistema electrónico, motivadas por causas alleas a Gasiluz Eco Enercia, S.L.; de retrasos ou bloqueos no uso do presente sistema electrónico causados por deficiencias ou sobrecargas de liñas telefónicas ou sobrecargas no Centro de Procesos de Datos, no sistema de Internet ou noutros sistemas electrónicos; nin de danos que puideren ser causados por terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fóra do control de Gasiluz Eco Enercia, S.L. Con isto, o Usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.

Aceptación e consentimento

O Usuario declara ter sido informado das condicións sobre protección de datos persoais, aceptando e consentindo o tratamento automatizado dos mesmos por parte de Gasiluz Eco Enercia, S.L., na forma e para as finalidades indicadas na presente Política de Protección de Datos Persoais. Certos servizos prestados no Web poden conter condicións particulares con previsións específicas en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal.