Gasiluzeco

Produce e xestiona a túa propia enerxía 100% renovable.

Ofrecémosche servizos enfocados ao autoconsumo eléctrico, orientados á redución de electricidade procedente da rede. Como? Aumentando o volume de enerxía producido mediante fontes renovables coa instalación de placas solares.

Solícitanos sen compromiso un estudo do teu consumo.

Ventaxas da enerxía de autoconsumo

  • · Posiciónate fronte ao cambio climático e pasa a ser parte da conservación do medio ambiente.
  • · Reduce as emisións de CO2 e evita o sobre-quentamento do planeta.
  • · Ten o control. Produce, xestiona e consume enerxía procedente de paneis solares fotovoltaicos.
  • Reduce a túa factura eléctrica.

Como o facemos?

Coñecemos a enerxía solar fotovoltaica así que podemos ofrecerche a tecnoloxía, o asesoramento, a intelixencia de datos e a financiación axeitada ao teu caso particular.

Para isto realizamos unha asesoría persoal para coñecer as túas necesidades de consumo de enerxía desde unha perspectiva realista e práctica de viabilidade técnico-económica.

Servicios

O noso servizo cobre as seguintes fases:

Visita

Visita inicial na que se identifican todas as túas necesidades e proponse a solución máis axeitada para cubrir as expectativas.

Medición

Medición da cuberta: puntos clave da instalación, posibles elementos de sombras etc.

Deseño

Pre-deseño da instalación e presentación do mesmo para que deas o teu visto e prace.

Desenrolo

· Desenvolvemento de planos de enxeñaría e planificación de materiais.

Execución

  • Execución da instalación. 

Tarifas

· Para completar o proxecto, ofrecémosche as tarifas concretas para edificios con instalacións de autoconsumo, que, grazas á discriminación horaria, se adaptan perfectamente ás necesidades enerxéticas.

Tes algunha dúbida?

    CONTÁCTANOS

    Como podemos axudarche?

    Solicítanos sen compromiso un asesoramento especializado en autoconsumo a través do teu xestor persoal ou contacta directamente en: enciende@gasiluzeco.comm

    Tel: 981 977 901
    Att. ao cliente: 900 815 014

    Correo electrónico: enciende@gasiluzeco.com

    Dirección: C/Alcalde Electo Carballo 46, bajo 15174 Culleredo A Coruña